Á nosa chegada, unha das moitas voluntarias do acto, recibiunos e conduciunos ao noso lugar de encontro, onde formariamos parte do gran Tapiz que realizaríase á clausura do acto.
Despois de recoller a información precisa, fumos a facernos unha foto de grupo no photocall.
Mais tarde, realizamos a labor de información. O primeiro exercicio que levamos a cabo foi entre todos os carteis, atopar o que mais nos gustase. E nós escollemos este:
Creemos que unha web universal como é YouTune máis un vídeo parado cun puño pechado semella un Stop Violencia. Escollimos este porque é algo actual e inxenioso.
Despois fumos a unha parte informativa na que falábase da violencia sexual. E que un dos mecanismos dos que se serve é a publicación de fotos comprometidas na rede das cales pódense facer diversos chantaxes. Por iso pensamos que: é seguro e divertido subir fotos á rede sempre e cando sexa coa seguridade de que o que publiques non poida ser utilizado na túa contra.
Noutro dos carteis falaba dos motivos polos cales unha persoa moitas veces non denuncia as agresións sexuais que sofre ou sufriu, é o medo a o agresor, a culpa que sente un cara un mesmo, a vergoña que pode supoñer contalo, a dificultade do entorno e situación e máis patoloxías psicolóxicas orientadas moitas veces a falta de autoestima que inculca o agresor sobre a víctima.
As consecuencias de non denunciar poden ser físicas:embarazos non desexados,contaxio de enfermedades de transmisión sexual...e psicóloxicos como a ansiedade ou transtornos de sono e alimentación.
Cando xa atopáramos toda a información necesaria tocaba divertirse coas diversas actividades na rúa que con baile e carcalladas no circo defendían a igualdade entre xéneros nenos ou nenas, non importaba, todos bailábamos e defendíamos os dereitos das mulleres igual.
A primeira actividade da que gozamos foi o Break Dance no que os bailaríns de Bboy Kawa ensináronos alguns pasos como o rock and roll.
Despois pasamos a danza na que bailamos a famosísima canción da Gozadera. TIÑA UNHA COREOGRAFÍA XENIAL!
Tocaba queimar unhas cantas calorías a ritmo de Zumba. Foi estupendo!
O evento chegou a o seu fin cando todos os colexios fixeron un increíble tapiz humano que ocupaba boa parte da rúa de Urzaiz leeuse un emotivo manifesto e o autoridades da nosa localidade como o alcalde leron os seus discursos. So faltaba unha cousa un minuto de silencio en memoria de todas as victimas da violencia de xénero.