O longo do día de hoxe, realizei un vídeo reportaxe sobre un cápitulo do libro Breve Historias del Mundo. Tratei temas coma a segunda rervolución industrial, o imperialismo ou a primeira guerra mundial.
Vótalle un ollo!
https://youtu.be/zhACtENywNs
Maxia Cidadá
domingo, 27 de mayo de 2018
viernes, 10 de junio de 2016
Reportaxe: Campaña contra a drogadicción
Durante este trimestre levamos a cabo un proxecto sobre un tema concreto. O noso grupo escolleu a drogadicción, porque consideramos que é un dos problemas actuais nos adolescentes e buscabamos concienciar á nosa contorna sobre as consecuencias do consumo de substancias estupefacentes que alteran o funcionamento do sistema nervioso.
| Parellas participando nunha carreira de caretillas |
Para comenzar, planificamos varios aspectos da campaña: a contextualización e os valores que pretendíamos transmitir, basándonos nun conflito orientado á mocidade e un traballo propagandístico impulsados por carteis e actividades lúdicas.
O día mércores catro de maio realizamos unha sondaxe da contorna en busca de asociacións que tratasen o tema da nosa campaña. Atopamos tres: 'Proxecto Home', 'Alborada' e 'Érguete'. Os seus principais proxectos tiñan que ver coa reinserción social.
| Un dos grupos enlazando as drogas cos seus efectos |
Na seguinte sesión de informática escollimos os artigos da Declaración dos Dereitos Humáns e da Constitución Española que posteriormente plasmaríamos no produto final. Relacionamos a nosa campaña co dereito á saúde, necesidad fundamental que o consumo destas substancias nocivas non permite. Nesa mesma sesión precisamos a parte 'audiovisual' da campaña: A música, un slogan, imaxes...
Nunha semana en diante, coa axuda da información e o material recollido, elaboramos os tres carteis definitivos que empregaríamos na difusión do proxecto. Planificamos o emplazamento e horario tendo en conta un bosquexo de idea final que non estaba de todo claro.
| Un grupo particpando na carreira de bébedos |
Máis tarde tivemos que modificar o traballo previo porque non estaba permitido expoñer a campaña por medio dunha presentación, e tentamos poñernos en contacto cunha das tres asociacións que previamente buscaramos para conseguir a unha persoa voluntaria que puidera presentar o tema á clase escollida, que resultou ser a nosa.
Debido á falta de resposta por parte da asociación, modificamos a planificación para levar a cabo no seu lugar unha serie de actividades/xogos que puideran estar relacionados co consumo de drogas.
Finalmente, levamos a cabo a presentación unha semana máis tarde do pensado ao inicio, o día sete de xuño, realizando no patio catro actividades distintas ás clases de 2ºA e B despois de expoñer nas aulas os carteis que previamente realizaramos.
O resultado da campaña non foi tan satisfactorio como quizás esperabamos, porque ao non dispoñer de todo o espazo do patio para as actividades había demasiado ruido e distraccións que non permitían á xente centrarse nas nosas explicacións. Sen embargo, moitas persoas comentaron que lles resultou divertido e aprenderon algúns aspectos referentes á drogodependencia vista desde dentro.
lunes, 6 de junio de 2016
Actividades para a presentación
Todas as actividades se estenden entre os 7 e os 9 minutos e os alumnos se reparten en grupos de 12/13.
1. Carreira de persoas bébedas
As persoas se agrupan de cuatro en cuatro, e un dos grupos se sitúa na liña de fondo do campo de fútbol grande do patio. Durante 45 segundos, dan voltas sobre si mesmos, e despois deben correr ata chegar á metade do campo. O primeiro ou a primeira en acadala gaña.
Isto repítese cos outros tres grupos.
2. ¿Sabes o que provoca?
Os e as participantes deberán ordenar as drogas que se lles presenten en función dos seus efectos no organismo.
Heroína
Os efectos iniciais desta droga inclúen unha oleada de sensacións: unha euforia. Normalmente acompañada por un sentimento de calor na pel, dilatación das pupilas e a boca seca. Despois sufren mareos durante algunhas horas, nauseas, vómito e picores. Pasado isto, os consumidores sentense somnolentos, a función cardíaca e a respiración ralentízanse, causando moitas veces a morte.
Marihuana
As sensacións inmediatas son, disminución da coordinación e equilibrio, incremento do ritmo cardíaco e un estado mental de “”. As personas que consumiron dosis altas de esta droga poden experimentar un episodio de psicosis leve,que inclúe alucinacións, espellismos e unha pérdida de pertenencia da identidade persoal.
Alcohol
Dependendo da persoa pode causar: fala confusa, somnolencia, vómitos, molestias estomacais, dores de cabeza, dificultades respiratorias, distorsións visuais e auditivas, capacidade de xuízo deteriorada, diminución da percepción e da coordinación, pérdida do coñecemento, anemia (diminución de glóbulos vermellos no sangue), coma etílico e períodos de inconsciencia.
Cocaína
Causa unha intensa viaxe de corta duración seguida inmediatamente polo contrario, depresión intensa, tensión nerviosa e ansia por máis droga. Ausencia de fatiga, exaltación do estado de ánimo, sensación de vértigo, aumento da seguridade nun mesmo, prepotencia, ausencia de cansancio, sono y fame, son outros dos seus efectos.
3. Carreira por parellas
As persoas se agrupan en nove parellas. Unha persoa agarra os pés da outra, que ten as mans no chan e está estirada, e así andan ata a metade do campo.
A mesma secuencia se repite unha vez máis, para que todos e todas realicen a actividade.
4. A galiña cega
Tres membros do grupo se tapan os ollos e no espazo reducido do campo pequeno de fútbol deben tentar atopar ao resto dos participantes. Todas as persoas xogan á vez.
miércoles, 1 de junio de 2016
miércoles, 18 de mayo de 2016
Campaña: Drogadicción
(As asociacións seguintes foron traballadas a partir do día 2 de mayo en diante)
2. Asociacións de Vigo que traballan na prevención do noso tema
2. Asociacións de Vigo que traballan na prevención do noso tema
a) Listado de asociacións
b) Tipos de asociacións e ámbitos de acción
- Érguete é unha asociación que incide na integración e na búsqueda de empleos para reinsertar socialmente ás persoas que sufriron drogodependencia.
- A asociación do Proxecto Home tenta evitar, frenar ou retrasar a idade de consumo de drogas. Se a todo tipo de colectivos, aínda que a maior parte do seu traballo é cara aos adolescentes.
- O ámbito de acción da asociación Alborada (en canto a prevención) é entre os mozos e as súas familias.
c) Proxectos/actividades que realizan:
1. Érguete realiza diversas actividades:
1. Érguete realiza diversas actividades:
Incorpora e reincorpora: Programas de reinserción social e axuda laboral.
Itínere: Axuda á formación de persoas privadas de liberdades.
Sísifo: Asistencia ao momento a persoas en exclusión social.
Servicios a la ciudadania: Programa de servicios cara a mellora
dos barrios vigueses.
Punto autoempleo incorpora e E.I.L. Cormo integral S.L.U.: Axuda á
formación de novos negocios de xente reinsertada na sociedade.
2. Proxecto Home leva a cabo proxectos enfocados aos consumidores de distintas drogas, programas de motivación, reinserción e programas de apoio para as familias dos afectados.
3. Alborada realiza campañas de asistencia, programas de reinserción
e proxectos preventivos nos distintos ámbitos (familiar e escolar).
d) Pistas para a nosa campaña
Nos interesaría poder contactar con algunha das asociacións para adquirir información sobre o tema e as súas maneiras de abordalo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)