lunes, 6 de junio de 2016

Actividades para a presentación

Todas as actividades se estenden entre os 7 e os 9 minutos e os alumnos se reparten en grupos de 12/13.

1. Carreira de persoas bébedas

As persoas se agrupan de cuatro en cuatro, e un dos grupos se sitúa na liña de fondo do campo de fútbol grande do patio. Durante 45 segundos, dan voltas sobre si mesmos, e despois deben correr ata chegar á metade do campo. O primeiro ou a primeira en acadala gaña.

Isto repítese cos outros tres grupos.


2. ¿Sabes o que provoca?

Os e as participantes deberán ordenar as drogas que se lles presenten en función dos seus efectos no organismo.

Heroína
Os efectos iniciais desta droga inclúen unha oleada de sensacións: unha euforia. Normalmente acompañada por un sentimento de calor na pel, dilatación das pupilas e a boca seca. Despois sufren mareos durante algunhas horas, nauseas, vómito e picores. Pasado isto, os consumidores sentense somnolentos, a función cardíaca e a respiración ralentízanse, causando moitas veces a morte.

Marihuana
As sensacións inmediatas son, disminución da coordinación e equilibrio, incremento do ritmo cardíaco e un estado mental de “”. As personas que consumiron dosis altas de esta droga poden experimentar un episodio de psicosis leve,que inclúe alucinacións, espellismos e unha pérdida de pertenencia da identidade persoal.

Alcohol

Dependendo da persoa pode causar: fala confusa, somnolencia, vómitos, molestias estomacais, dores de cabeza, dificultades respiratorias, distorsións visuais e auditivas, capacidade de xuízo deteriorada, diminución da percepción e da coordinación, pérdida do coñecemento, anemia (diminución de glóbulos vermellos no sangue), coma etílico e períodos de inconsciencia.


Cocaína
Causa unha intensa viaxe de corta duración seguida inmediatamente polo contrario, depresión intensa, tensión nerviosa e ansia por máis droga. Ausencia de fatiga, exaltación do estado de ánimo, sensación de vértigo, aumento da seguridade nun mesmo, prepotencia, ausencia de cansancio, sono y fame, son outros dos seus efectos.


3. Carreira por parellas

As persoas se agrupan en nove parellas. Unha persoa agarra os pés da outra, que ten as mans no chan e está estirada, e así andan ata a metade do campo.

A mesma secuencia se repite unha vez máis, para que todos e todas realicen a actividade.


4. A galiña cega

Tres membros do grupo se tapan os ollos e no espazo reducido do campo pequeno de fútbol deben tentar atopar ao resto dos participantes. Todas as persoas xogan á vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario