viernes, 10 de junio de 2016

Reportaxe: Campaña contra a drogadicción

Durante este trimestre levamos a cabo un proxecto sobre un tema concreto. O noso grupo escolleu a drogadicción, porque consideramos que é un dos problemas actuais nos adolescentes e buscabamos concienciar á nosa contorna sobre as consecuencias do consumo de substancias estupefacentes que alteran o funcionamento do sistema nervioso.

Parellas participando nunha carreira de caretillas
Para comenzar, planificamos varios aspectos da campaña: a contextualización e os valores que pretendíamos transmitir, basándonos nun conflito orientado á mocidade e un traballo propagandístico impulsados por carteis e actividades lúdicas.

O día mércores catro de maio realizamos unha sondaxe da contorna en busca de asociacións que tratasen o tema da nosa campaña. Atopamos tres: 'Proxecto Home', 'Alborada' e 'Érguete'. Os seus principais proxectos tiñan que ver coa reinserción social.

Un dos grupos enlazando as drogas cos seus efectos
Na seguinte sesión de informática escollimos os artigos da Declaración dos Dereitos Humáns e da Constitución Española que posteriormente plasmaríamos no produto final. Relacionamos a nosa campaña co dereito á saúde, necesidad fundamental que o consumo destas substancias nocivas non permite. Nesa mesma sesión precisamos a parte 'audiovisual' da campaña: A música, un slogan, imaxes...

Nunha semana en diante, coa axuda da información e o material recollido, elaboramos os tres carteis definitivos que empregaríamos na difusión do proxecto. Planificamos o emplazamento e horario tendo en conta un bosquexo de idea final que non estaba de todo claro.

Un grupo particpando na carreira de bébedos
Máis tarde tivemos que modificar o traballo previo porque non estaba permitido expoñer a campaña por medio dunha presentación, e tentamos poñernos en contacto cunha das tres asociacións que previamente buscaramos para conseguir a unha persoa voluntaria que puidera presentar o tema á clase escollida, que resultou ser a nosa.

Debido á falta de resposta por parte da asociación, modificamos a planificación para levar a cabo no seu lugar unha serie de actividades/xogos que puideran estar relacionados co consumo de drogas.

Finalmente, levamos a cabo a presentación unha semana máis tarde do pensado ao inicio, o día sete de xuño, realizando no patio catro actividades distintas ás clases de 2ºA e B despois de expoñer nas aulas os carteis que previamente realizaramos.

O resultado da campaña non foi tan satisfactorio como quizás esperabamos, porque ao non dispoñer de todo o espazo do patio para as actividades había demasiado ruido e distraccións que non permitían á xente centrarse nas nosas explicacións. Sen embargo, moitas persoas comentaron que lles resultou divertido e aprenderon algúns aspectos referentes á drogodependencia vista desde dentro.

1 comentario:

  1. Ola!
    Estupendo traballo, parabéns!
    Mágoa que quede deslucido por algunhas faltas de ortografía, que indican que aínda non asumistes o costume de traballardes co dicionario aberto.

    ResponderEliminar