Durante este trimestre levamos a cabo un proxecto sobre un tema concreto. O noso grupo escolleu a drogadicción, porque consideramos que é un dos problemas actuais nos adolescentes e buscabamos concienciar á nosa contorna sobre as consecuencias do consumo de substancias estupefacentes que alteran o funcionamento do sistema nervioso.
| Parellas participando nunha carreira de caretillas |
Para comenzar, planificamos varios aspectos da campaña: a contextualización e os valores que pretendíamos transmitir, basándonos nun conflito orientado á mocidade e un traballo propagandístico impulsados por carteis e actividades lúdicas.
O día mércores catro de maio realizamos unha sondaxe da contorna en busca de asociacións que tratasen o tema da nosa campaña. Atopamos tres: 'Proxecto Home', 'Alborada' e 'Érguete'. Os seus principais proxectos tiñan que ver coa reinserción social.
| Un dos grupos enlazando as drogas cos seus efectos |
Na seguinte sesión de informática escollimos os artigos da Declaración dos Dereitos Humáns e da Constitución Española que posteriormente plasmaríamos no produto final. Relacionamos a nosa campaña co dereito á saúde, necesidad fundamental que o consumo destas substancias nocivas non permite. Nesa mesma sesión precisamos a parte 'audiovisual' da campaña: A música, un slogan, imaxes...
Nunha semana en diante, coa axuda da información e o material recollido, elaboramos os tres carteis definitivos que empregaríamos na difusión do proxecto. Planificamos o emplazamento e horario tendo en conta un bosquexo de idea final que non estaba de todo claro.
| Un grupo particpando na carreira de bébedos |
Máis tarde tivemos que modificar o traballo previo porque non estaba permitido expoñer a campaña por medio dunha presentación, e tentamos poñernos en contacto cunha das tres asociacións que previamente buscaramos para conseguir a unha persoa voluntaria que puidera presentar o tema á clase escollida, que resultou ser a nosa.
Debido á falta de resposta por parte da asociación, modificamos a planificación para levar a cabo no seu lugar unha serie de actividades/xogos que puideran estar relacionados co consumo de drogas.
Finalmente, levamos a cabo a presentación unha semana máis tarde do pensado ao inicio, o día sete de xuño, realizando no patio catro actividades distintas ás clases de 2ºA e B despois de expoñer nas aulas os carteis que previamente realizaramos.
O resultado da campaña non foi tan satisfactorio como quizás esperabamos, porque ao non dispoñer de todo o espazo do patio para as actividades había demasiado ruido e distraccións que non permitían á xente centrarse nas nosas explicacións. Sen embargo, moitas persoas comentaron que lles resultou divertido e aprenderon algúns aspectos referentes á drogodependencia vista desde dentro.